Non me quites a roupa esta vez.
Deíxama posta por si acaso esquivo á morte. 
Que si as sociedades crearon relixións,
matrimonios e, en definitiva, cadeas 
foi para tratar de esquivar ao inevitábel fin. 
Baixa os estores para que non nos vexan
conxurar o máis próximo á inmortalidade 
que estaremos xamáis. 
Ti arrancándome a alma a mordiscos
eu desarmándote a susurros cos labios pegados
a túa gorxa.
Abre a caixa dos desexos que cerráramos
para deixar pasar ás viaxes, aos amigos,
ao alcol, ao tabaco, ás noites da maravilla,
aos soños de gloria, ao traballo complaciente,
ás noites ben durmidas e aos silencios da 
costume. 
Acerquémonos ao vacío para catar 
a morte máis doce e máis húmeda. A morte
dos beizos e o clítoris. A morte das nosas
ambicións mutuas. Da loita de poder na que os dous gañamos.
Abandonamos para sempre o campo de 
batalla das palabras, o orgullo e a ausencia
para rendir tributo á deusa Mad unha vez 
máis. Desta volta nos prometemos que 
a única batalla entre ti e máis eu será
follando ou non será.