Estes versos empezan cun «NON» en maiúsculas.
Estas palabrasnon teñen ren de amor ideal, nin de mentiras enmascaradas.
Estes versos van máis das mordidas e os beizos encarnizados e encarnados.
Estas palabras queren lembrar a sudor. lágrimas, risas e miradas confidentes.
E nada máis.
Porque esta historia non é a clásica lenda de ledicia sen fisuras.
Porque non hai universo que non se forme con grandes colisións,
con expansións e contraccións, con inmensas explosións.
Porque a nosa casual xuntanza imperfecta é vida en cada recuncho e vibra e se estremece e inunda todo o universo e desafíame a cada instante.
E nada máis.