A estas alturas non espero cas persoas me sorprendan (para ben) e, sen embargo, consiguen facerlo. Ou, máis ben, ti consigues facelo. Aos teus trinta e cinco anos eres ti o que me abre os ollos, quén decide non conformarse, quén se comporta coma un buscador, coma mín. E eu, gran buscadora que se acomodou ao estilo do Hobbit que ti eras, volve con máis forza que nunca; orgullosa e admirada. Con ganas de te seguir ao fin do mundo (realmente, de me seguir xa que as ganas de voar eran miñas hai apenas dous anos). Agora que me acostumbrei. Por unha vez que me acostumbrei, ti queres voar. E eu sorpréndome, namórome un pouquiño máis de ti. Toda a miña vida na busca dun compañeiro de viaxe e, cando xa non o necesito, atopo ao único ser humano que é capaz de me seguir tanto coma eu lle seguín. Sinto esperanza no ser humano. Sinto que creo nesa capacidade que ten de me sorprender. E todo grazas á túa valentía. Sabía que eras moitas cousas pero hoxe, hoxe eres un héroe.