Escribo para nós, para eses nós futuros e por eses nós pasados aínda que o único que, de verdade, me interesa eres ti e máis eu e máis agora. Os agoras que ninguén cre de nós. Os agoras que sabemos que son o noso tesouro segredo, o noso gran presente. Sempre gardarei isto, bacalhau. Sempre. Seica Apolo e Dafne poden engañar aos demáis pero, dende logo, non teñen ningunha intención de se mentir a se mesmos.