Hubo un tempo no que aprendín a estar soa (e xa sabes que o que eu aprendo non o esquezo endexamáis) e causoume tal impresión que pensei seriamente en permanecer nese estado. E entón apareciches na miña vida e retomei unha aventura que soñei en Tenerife, hai coma catro anos, mentres escoitaba música dende o meu acantilado en Mesa del Mar. Volvín a percibir esa presenza, a ese compañeiro (tamén podía ser compañeira pero foi, definitivamente, compañeiro) co que botar unhas risas frente ao mar, beber unhas Doradas en boa compaña (síntoo polo das Doradas pero é o que hai) e rir até non poder máis nada. E así foi como me namorei de ti. E así é como me sorprendes. Sendo cada día máis libre.