Quénes seremos, meu? Quénes?
Seremos deuses húmidos e carnais. 
A noite da maleta de alcol. 
O día do polbo en Concheiros
e o polvo de despois. 
Quénes seremos, jhato? Quénes?
Seremos Apolo e Dafne contra as cordas.
Ti tras de mín e eu fuxendo, querendo ser libre
até que termine o meu turno.
Eu tras de ti e ti dominando o mundo, querendo ser un antihéroe
até que remate o teu turno. 
Quénes seremos, bacalhau? Quénes?
Seremos o que queramos ser.
Salvaxes empapados en alcol,
húmedos e carnais. Seremos libres e dominaremos o mundo.
Seremos antihéroes
até que termine o noso turno.