Lembras que che pedín que si algún día quería botarte do meu lado que non me deixaras? Ese día xa pasou. Ti e máis eu o sabemos. Pero agora, agora estoume a boicotear. Fagoo sempre. Non son capaz de manter unha maldita relación sen sometela a miles de probas estúpidas que nin eu mesma sei controlar. Sempre cun pé fora, a punto de saír correndo e non volver. Mais como dicirme a mín mesma que eres das mellores cousas que me pasaron na vida? Que non a cague? Que non teña dúbidas (malditas dúbidas)? Fácil. Só vivir, como rezaría Skalariak hai xa…demasiados anos.